Os músicos da veñen de gravar A Pontebora de Nazario González "Moxenas" en pleno confinamiento dirixidos polo mestre de gaita, Xaquín Xesteira. Convidámosvos a que miredes o estupendo vídeo que xa está subido á canle de Youtube da ETRAD... e non esquezades subscrivirvos :)
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Formar parte da A.A. Banda de Gaitas da E-TRAD é gratificante e un orgullo. Contamos con Xaquín Xesteira como Director, un luxo e unha gran persoa; coma Mestre é paciente, afable, sempre se implica nos proyectos e ten a capacidade de transmitir, fundamental para ensinar.
Publicar un comentario