17 xuño 2020

NOVAS ETRAD. CONVOCATORIA NOVO CURSO 2020-21. Prazos e condicións para alumnado matriculado e de novo ingreso.

              

             Advertencia sobre a situación de excepcionalidade 
    provocada pola COVID-19
As diferentes disposicións legais en relación á situación sociosanitaria da pandemia, que podan ter vixencia a 1 de outubro de 2020 (data de inicio previsto do curso), poderían modificar as características desta convocatoria (datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online, ...)


CONVOCATORIA PARA O ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES

ALUMNADO que pasa aos cursos de: 
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con C.I.I.
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)

NON HAI RESERVA DE PRAZA, terán que MATRICULARSE DIRECTAMENTE

Deberán efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e formalizar a matrícula. A matrícula non é reembolsable.

Para a formalización da matrícula, deberán enviar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado, por correo electrónico a e-trad@vigo.org e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado (PDF, escaneado ou fotografía do mesmo). 

No caso que opten pola presentación presencial da documentación, os interesados deberán solicitar CITA PREVIA no teléfono 986 228087 da Secretaría da ETRAD. Horario de atención ao público, previa cita: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado).

PRAZO1 ao 10 DE XULLO DE 2020

IMPORTANTE: NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA SOLICITUDE A PARTIR DAS 24:00 HRS do día 10 DE XULLO DE 2020.


CONVOCATORIA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO E DE AULAS ABERTAS:

Preinscrición:

-On line (www.emmavigo.org): do 22 de xuño ao 7 de setembro de 2020.
-Presencial (na secretaría da ETRAD): do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro de 2020.
-Sorteo: 17 de setembro
-Probas para o Itinerario Medio: do 17 ao 21 de setembro
-Publicación de listas de admitidos: 24 de setembro.
-Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.
-Solicitude de exención de taxas: ata o 30 de setembro.

Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego