24 xullo 2020

NOVAS ETRAD. O mestre de Diato Carlos Quintá publica xunto a Pedro Pascual, De Botóns. Cancioneiro para acordeón diatónico

O mestre de diato da escola, Carlos Quintá xunto a Pedro Pascual, presentan o cancioneiro: De Botóns iniciando un crowfunding na plataforma Verkami.
De Botóns... Esta maneira chámaselle inda hoxe ao acordeón diatónico en moitas zonas de Galicia. Consta dunha selección moi escollida de repertorio tradicional galego e das comarcas limítrofes adaptadas e arranxadas para este instrumento. Son máis de cen cancións reelaboradas desde un profundo coñecemento musical, procurando que os textos sexan inclusivos e cunha parte antropolóxica moi importante á vez que con certo carácter didáctico. Engaden os autores,  un apéndice de fotografías históricas, na súa meirande   parte inéditas, de acordeonistas históricos de Galicia, mulleres e homes, con toda a súa documentación no que atinxe á autoría, ano, fondo, etc; así como unha parte bibliográfica coa orixe e información sobre repertorio.
Despois de cinco años de elaboración por parte dos autores e unha longa traxectoria dedicada ao traballo de recopilación de fontes orais e escritas, transcribindo o repertorio musical e adaptándoo para acordeón diatónico, así como pondo en práctica todo ese coñecemento mediante a impartición de clases, chega o momento de dar o paso e convertelo nunha publicación con inquietude internacionalista. De Botóns permite o achegamento de melodías galegas a acordeonistas de acordeón diatónico, cromático, piano, etc., e a outros instrumentistas, non so de Galicia e da Península Ibérica senón tamén de Europa e outros continentes.

De Botóns. Cancioneiro para acordeón diatónico
Carlos Quintá & Pedro Pascual
crowfunding na plataforma Verkami.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego