01 setembro 2020

Aberta Preinscrición ata o 7 de setembro para alumnado de novo acceso a 1º curso do nivel básico, 1º curso de nivel medio, 1º de música e movemento e aulas abertas.

PRAZOS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO E AULAS ABERTAS:

(Inscrición para 1º de Nivel Básico e 1º de Nivel Medio de calquera instrumento, 1º de Música e Movemento,  Aulas Abertas)

Preinscrición on line (preferente): do 22 de xuño ao 7 de setembro de 2020 en www.emmavigo.org

Preinscrición presencial: do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro de 2020. Horario: de luns a venres, de 11:00 a 14:00 hrs.

Sorteo Nivel Básico, Música e Movemento e Aulas Abertas: 17 de setembro.

Probas de Acceso a Nivel Medio: do 17 ao 21 de setembro.

Publicación das listaxes de admitidos: 24 de setembro.

Matrícula: do 24 a 30 de setembro.

Solicitude de exención de taxas: ata o 30 de setembro.

Comezo do curso: 1 de outubro.


Para formalizar a matrícula será imprescindible aportar:

 • Impreso de matrícula cuberto e asinado

 • Xustificante de pago das taxas de matrícula ou, no caso de solicitar a exención de taxas, unha copia da solicitude. 

Efectuarase o pago na sede electrónica do Concello de Vigo, á que se pode acceder a través deste enlace. A solicitude de exención de taxas debe ser presentada no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, de xeito telemático ou en persoa. No caso de facer a solicitude presencialmente, hai que solicitar cita previa.

Unha vez pagado, o importe da matrícula non é reembolsable.


Hai dúas vías de presentación da matrícula:


 • Por correo electrónico dirixido a e-trad@vigo.org, que deberá incluir o impreso de matrícula cuberto, escaneado ou fotografiado + xustificante do pago das taxas (ou ben copia da solicitude de exención previamente presentada no Rexistro do Concello de Vigo).

 • Na secretaría da ETRAD de maneira presencial. Os que opten por esta modalidade deberán solicitar CITA PREVIA no tlf. 986 22 80 87. O horario de atención ao publico será de 11:00 a 14:00 hrs., de luns a venres.

PRAZO: do 22 de xuño  ao 7 de setembro


Facer clique nos enlaces para ires á páxina de descarga de documentos da web da ETRAD. (Secretaría)


  • Impresos de matrícula 

  • Impreso de exención do pago de taxas 

  • Instruccións sobre a documentación a presentar para solicitar a exención

   Ordenanza reguladora das taxas 

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego