09 outubro 2020

GALAXIA ETRAD 2020-21. Xisco Feijoó en `ENTRESOÑOS ´no Auditorio de Cedeira (A Coruña). Sábado 10 de outubro ás 20.00h.

O mestre de Canto Popular Xisco Feijoó actuará, co espectáculo `ENTRESOÑOS´ de `Fran Sieira Compañía de Danza´ xunto coa cantante e bailadora Aida Tarrío (Tanxugueiras), este vindeiro sábado 10 de outubro no Auditorio  da vila de Cedeira (A Coruña) aló polas 20.00h. Este espectáculo estreado no 2018, ven de ser o máis programado pola rede de salas e auditorios de Galicia promovido polo AGADIC, e retoma a súa andaina despois do parón provocado pola COVID. O espectáculo, de idea orixinal e dirección a cargo do bailarín Francisco Sieira, conta cunha excepcional música composta polo mestre de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos, cun vestiario sorprendente creado por Alexio Meloni, unn deseño de luces do recoñecido Luís Perdiguero, a evocadora escenografía do obradoiro DiiVVANT Artes escénicas e a revisión na dirección artística do Bailarín internacional David Vilarinyo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego