10 outubro 2020

GALAXIA ETRAD 2020-21. `Xisco Feijoó & Trío´ en Boimorto. Cos mestres e alumnos da ETRAD: Xose Liz, María Jorge e Artur Puga.

O Mestre de Canto Popular Xisco Feijoó efectuará este vindeiro domingo 11 de outubro polas 21.00h e xunto co mestre de corda e traversos da nosa escola Xose Liz e os alumnos e xa tamén mestres de violín María Jorge e de danza tradicional, percusión e voz Artur Puga, a despedida definitiva desta formación cun concerto en Boimorto, lugar onde fora estreada esta formación xunto cos mestres Anxo Pintos (mestre de Zanfona) e Begoña Riobó (mestra de Arpa, violinista e zanfonista) aló polo verán do 2017. Non será un adeus, senón un até logo xa que o noso mestre de canto da ETRAD está a rematar `PEIXE´, o seu primeiro traballo discográfico en solitario, producido polo tamén mestre desta escola Carlos Quintá e cunha formación máis completa que, diosmediante e a COVID, verá a luz este vindeiro decembro.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego