27 xaneiro 2021

ETRADCOVID-19. Dende o mércores 27 de xaneiro de 2021 ata a fin das restricións actuais, todas as aulas e o resto de actividades da escola pasan a seren virtuais.


 Moi boas comunidade.

Segundo indica o Servizo de Educación do Concello de Vigo con respecto ao DOG nº 16-Bis de 26 de xaneiro de 2020, suspéndese toda actividade lectiva presencial nas Escolas de Música durante o período ao que se extenda a eficacia da medida conforme ao punto catro da orde. 

Como consecuencia:


  • Dende o mércores 27 de xaneiro de 2021 ata a fin das restricións actuais, todas as aulas e o resto de actividades da escola pasan a seren virtuais. Ningún alumno/a acudirá ao centro. 

  • As aulas van ser impartidas mantendo a mesma hora e día de semana que aparece no voso horario presencial.

  • Mantense o calendario oficial. Os días 15, 16 e 17 de febreiro serán non lectivos (Entroido).



PROCEDEMENTO:


Recibiredes unha convocatoria para cada aula na caixa de correo electrónico que figura na vosa ficha de matrícula dende: etradlearning@gmail.com. Na convocatoria figurará un enlace á aplicación a usar: (Zoom, Google Meet, Skype, Facetime, Hangouts, Jitsi Meet…) para que poidades acceder á aula virtual na hora establecida. 


No caso do alumnado de Música e Movemento, e coa finalidade de organizar as clases, os pais e nais recibiredes unha invitación a cadansúa reunión en liña coa profesora. O horario de cada reunión será o habitual de cada grupo.


Vémonos en liña!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego