05 febreiro 2021

GALAXIA ETRAD. O mestre de canto da ETRAD: Xisco Feijoó estrea PEIXE, o sinxelo que adianta o seu primeiro traballo discográfico como artista en solitario.



Xisco Feijoó atrévese co sinxelo `PEIXE´, o tema que lle dá nome ao seu primeiro disco. `PEIXE´ trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual.

 

`É como eu vexo o que fun e o que son, incluso como observo o que eu sentín, do xeito que eu o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando percorro os sinais que todo elo ten deixado no meu ser´. Xisco Feijoó.

 

Desta vez Xisco será o protagonista deste proxecto, deste sinxelo; un tema con moita forza e ímpeto co traballo do magnífico mestre Carlos Quintá que aderezou con harmonías e fermosos arranxos ao servizo do noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.

 

PEIXE érguese como un paso máis na extensa carreira musical de Xisco Feijoó, que comezou, como dí o propio Xisco, cando o seu pai Pepín "O Feijoó" lle puxo a gaita do Catono ao lombo, na aldea de Sistindomato, nas terras de Sober e na casa da Helena, a súa salvadora.

 

A estrea realizouse o día 3 de febreiro, da man dun videoclip atrevido e sen barreiras, ideado polo propio Xisco, dirixido por Adela Otero, producido por Itziar Quesada e post-producido por "Beabesada Homestudio" que  foi presentado nas redes sociais do cantante e na páxina web www.xiscofeijoo.gal o mesmo día.


PEIXE é un soño dun e de todos. Iso é PEIXE.


preme aquí para mirar o vídeo

 


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego