18 maio 2021

ETRADVIGO. 29/06/21. PROBAS DE ACCESO AO ITINERARIO AVANZADO. INSCRICIÓN DO 1 AO 23 DE XUÑO.


 O día 29 de xuño de 2021 (martes) terán lugar as Probas de Acceso ao Itinerario Avanzado das nove especialidades instrumentais da ETRAD. Para facilitar a súa realización por parte dos/as interesados/as haberá dúas quendas:

  • Quenda de mañá: a partir das 10:00 hrs.
  • Quenda de tarde: a partir das 16:00 hrs.

Cada quenda constará de dúas partes:

  • Proba teórica: consistirá en 60 preguntas tipo test sobre Ritmos e Xéneros da Música Tradicional, Harmonía elemental e Tradición e Ciclo Anual. Todos os aspirantes realizarán a proba ao mesmo tempo. Duración: 60 min. máximo.
  • Proba práctica: consistirá na demostración técnica do instrumento da especialidade cunha duración aproximada de 15 min. Debido á etapa que estamos a vivir, para esta proba o/a aspirante poderá acompañarse (ou non) doutros instrumentos que estime oportunos. A orde será consensuada o mesmo día entre os/as aspirantes.

NON SE PERMITIRÁ O ACCESO DE PÚBLICO ÁS PROBAS PRÁCTICAS.


O alumnado interesado en ensaiar na semana do 21 ao 25 de xuño, deberá coordinalo co profesor, ou xefe de estudos, para poder ter acceso a unha aula.


O prazo de inscrición para as probas estará aberto do 01 ao 23 de xuño de 2020. A inscrición presentarase presencial ou por correo electrónico á Secretaría da ETRAD, indicando a dispoñibilidade de mañá ou de tarde para o exame.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego