21 maio 2021

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2020-21. Xira de concertos do Conxunto de 2º do Itinerario Avanzado, OS ALICORNIOS. Maio/Xuño 2021.




 Os estudantes de Conxunto do 2º curso do Itinerario Avanzado da ETRADVIGO comezan dende o vindeiro 29 de maio unha xira de concertos coordinada pola mestra Xela Conde, na que amosarán o seu traballo ao longo destes dous últimos anos de formación na asignatura de Conxunto. Titorizados polos mestres Begoña Riobó en Conxunto 4 e Xaquín Xesteira en Conxunto 5, os integrantes desta formación, foron deseñando un repertorio inzado de pezas da tradición galega arranxadas polos membros do conxunto, nas que se reflicte a variedade da súa aprendizaxe e dos seus gustos e experiencias. 

OS ALICORNIOS é o nome elixido polo conxunto.

O Alicornio, como obxecto antigo, máxico e poderoso que inda hoxe en día son empragandos por algunhas familias herdado de xeración en xeración, dálle nome a este proxecto musical que atopa o poder e a ilusión nesta oportunidade de xuntarse no eido da escola. 


OS ALICORNIOS SON:


Alejandro Fernández Novoa (percusión) 

Yoli Maceira Orge (gaita). 

Miki Watanabe (zanfona) 

Mayka Alleres Franco (arpa céltica) 

Samu Fernández Torre (violín) 


Estas son as datas e emprazamentos dos concertos confirmados ata o de agora:


- Centro cultural de Atios: 29 de maio ás 20:30h 


- IES Castelao: 31 de maio pola tarde (este concerto non é aberto) 


- Centro Veciñal e Cultural de Valadares. 6 de xuño ás 19:00h

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego