19 outubro 2021

ESTRAESCOLARES ETRAD 2021-22. CURSO. Outras percusións para o canto popular: Lata, cunchas, pandeiro, botella de anís, culleres. 05, 12, 19 NOV. 2021. Javier Feijoo (Xisco).


Abrimos a programación dos cursos monográficos que vos temos preparado este ano para complementar a vosa formación con este que imparte Javier Feijoo (Xisco), mestre de canto da ETRAD, baixo o título de: Outras percusións para o canto popular. Ao longo dos tres primeiros venres de novembro, aprenderedes a manexar percusións menos usuais coas que se pode acompañar o canto popular. O curso está aberto tanto ao alumnado da ETRAD como a estudantes non matriculados e a inscrición vai dende o 20 de outubro ao 5 de novembro a realizar na secretaría da escola. 

Curso. Outras percusións para o canto popular, Lata, cunchas, pandeiro, botella de anís, culleres.

Imprescindible traer instrumentos.

Mestre: Javier Feijoo (Xisco)

Venres 5, 12, 19 de Novembro

Aula 5 de 16:00 a 19:00

Prazas: 10

Prezo: 26 EUR. (Gratuíto para o alumnado matriculado nos itinerarios medio e avanzado da ETRAD)

Aberto ao alumnado da escola e estudantes non matriculados.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego