20 abril 2022

EXTRAESCOLARES ETRAD 2021-22. A Banda de Gaitas e Percusión da ETRAD no Memorial Henrique Otero. 23/ABR. Auditorio Martín Códax. 19:30h.

 

O vindeiro sábado día 23 de abril de 2022 a Aula Aberta Banda de Gaitas e Percusión da ETRAD participará no Memorial Henrique Otero que terá lugar no Auditorio Martín Códax, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ás 19:30 hrs.

VIII MEMORIAL HENRIQUE OTERO: O CICLO DO ANO NAS OBRAS DO GAITEIRO DO FRAGOSO

Dende 2014 vimos celebrando o acto de homenaxe a Henrique Otero no Conservatorio superior de  música de Vigo, onde el foi o primeiro profesor de gaita galega dun conservatorio e onde fixémoslle en vida (2010) una homenaxe polo seu 80 aniversario. Despois de todo este tempo no que tivemos que facer una edición virtual pola pandemia no ano 2020 e deixar de facelo polo mesmo motivo no 2021, imos recuperar este evento que podemos dicir que é único por varias razóns  que agora comentamos:

Cada edición dende a segunda trata sobre un aspecto da obra do gaitero do Fragoso, así fixéronse edicións sobre a gaita solista, as pezas dedicadas, as obras para gaita e voz, os temas sobre o mar na súa obra e neste ano as pezas con referencias ao ciclo do ano. Estas edicións temáticas pretenden conseguir, e cremos que o fan, rescatar do arquivo do seu catálogo pezas inéditas para que deixen de selo .

Cada edición faise monográficamente con obras do homenaxeado na súa integridade como norma xeral.

Cada edición fanse estreas absolutas das súas obras (este ano sobre dez). 

En cada edición participan unha media de 100 músicos da tradición e dez agrupacións que preparan durante meses as obras que estrean nese día (este ano sobre 130).

Deste xeito podemos dicir que  o Memorial Henrique Otero marca unha referencia distinta no panorama de actos sobre a gaita galega que o distinguen totalmente doutras propostas e que lonxe de ser un modelo esgotado segue a ter tanto futuro como cando comezou.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego