Abrimos o 2023 con este interesante curso impartido polo mestre Xosé Liz cunha dobre finalidade, descubrir por unha banda, o fraseo melódico e a ornamentación doutras músicas europeas e por outra, osperiféricos escénicos para instrumentos de micro e liña.
Para isto, trataremos o segredo do pulso, das acentuacions e da función elástica do tempo dentro das frases melódicas dos principais xéneros tradicionais. Amosaremos recursos ornamentais
característicos da música bretona, irlandesa e escocesa que mellorarán e aumentarán as nosas ferramentas xerais no discurso melódico. Descubriremos algúns dos perifericos (pedais, loopers,
armonizadores...) máis empregados e vangardistas que nos axudarán a descubrir novos timbres e funcións no noso instrumento para o desenvolvemento escénico.
CURSO. Fraseo melódico, ornamentación noutras músicas europeas e periféricos escénicos para instrumentos de micro e liña.
Xosé Liz.
13, 20 e 27 de xaneiro, de 2023.
AULA 5. De 16:00 a 19:00 H
Matrícula aberta ata o 13/Xan
Prezo curso: 26 EUR.
Gratis para alumnado
de Medio e Avanzado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario