Dende o luns 23 de xaneiro ata o 10 de febreiro está aberto o prazo de inscrición na secretaría da escola para o novo curso de curta duración que temos programado para vós neste ano escolar Ao longo de tres venres espaciados en varios meses, aprenderedes co mestre de percusión tradicional da ETRAD, Chuco Estévez, o uso e manexo nos ritmos tradicionais dalgunhas das percusións miúdas que se usan para acompañar a música tradicional.
O 10 de febreiro estará adicado ás tarrañolas, o 17 marzo, as culleres serán as protagonistas mentres que o 28 de abril, a canabeira pechará o percorrido polas percusións miúdas. O curso está aberto tanto a estudantes da ETRAD como a persoas non matriculadas na escola
Curso de curta duración.
Percusións miúdas.
Chuco Estévez
Venres 10/FEB - 17/MAR - 28/ABR 2023
Aula 5. De 16:00 a 19:00h.
20 Prazas
Inscrición: secretaría da escola.
R/ García Barbón. 5.
Tél: 986228087
Prezo: 26 EUR
Gratuíto para estudantes matriculados nos Itinerarios Medio e Avanzado da ETRAD
Ningún comentario:
Publicar un comentario