O vindeiro venres, 17 de marzo o grupo POA,integrado polos estudantes de II curso do Itinerario Avanzado da ETRAD estréase ofrecendo un concerto ao alumnado e máis aos pais da Aula de Música Movemento. Será a partires das 17:00hs no Auditorio Milladoiro da escola.
Sobre POA:
POA, o grupo de Conxunto II de Avanzado preséntase en concerto cun repertorio creado ao longo de dous anos na asignatura de Conxunto I e Conxunto II de Avanzado. Titorizados polos mestres Begoña Riobó e Anxo Pintos, foros construíndo o seu particular hábitat estético que están en disposición de amosarnos de aquí a finas do mes de xuño.
A música de POA é un diálogo aberto entre os instrumentos e as melodías tradicionais tanto cantadas como instrumentais sumado a unha intención: a do equilibrio entre a tradición, a re-creación e a actualización estética presente nuns arranxos que, o mesmo se concentran en retorcer as melodías como en buscar alianzas simbióticas que tornen monofonías individuais nun caleidoscopio coral cheo de pequenos matices que converten a POA nun deses abundantes muros de pedra seca presentes na paisaxe galega onde, nunha ollada lixeira, atopamos tanta diversidade vexetal, animal e de formas inorgánicas.
Con todos vós: POA
Beatriz Grande (zanfona),
Antón Pombar (acordeón diatónico),
Claudia Abril (voz e percusión)
Marina González (violín)
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.
CONCERTO DE POA (CONXUNTO DE II DE AVANZADO)
PARA ALUMNADO E PAIS DA AULA DE MÚSICA E MOVEMENTO.
VENRES 17.
17:00H
AUDITORIO MILLADOIRO
ENTRADA RESERVADA A PAIS E FAMILIARES DO ALUMNADO DA AULA DE MÚSICA E MOVEMENTO
Ningún comentario:
Publicar un comentario