O vindeiro venres 19 de maio terán lugar os concertos de fin de estudos dos alumnos da ETRAD que rematan a súa formación no centro. Lucía Santiago (Acordeón Diatónico), Alberto Barreiro (Gaita), Antón Pombar (Zanfona), Patri Seoane e Lucía Alborja (Canto Popular), ofrecerán cadanseu repertorio ideado e arranxado por el@s mesm@s, no que contarán cun importante número de colaborador@s. Será unha ocasión inmellorable e única de escoitar o brillante resultado do seu talento e destes nove anos de estudo na escola.Agardámosvos!
CONCERTOS de FIN de ESTUDOS
Lucía Santiago (Acordeón Diatónico),
Alberto Barreiro (Gaita),
Antón Pombar (Zanfona),
Patri Seoane (Canto Popular)
Lucía Alborja (Canto Popular)
VENRES 19/MAIO.
AUDITORIO MUNICIPAL.
18:00H
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario