Presentamos o derradeiro curso de ampliación de estudos deste ano escolar sobre as fontes da música tradicional galega que imparte o mestre, Alfonso Franco. As tres xornadas deste monográfico servirán para vos adentrar na discografía histórica e presente, os cancioneiros musicais e os recursos videográficos que se constitúen como fontes imprescindibles da música tradicional galega que todo músico profesional e amador "debería" coñecer e manexar.
CURSO: FONTES DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.
ALFONSO FRANCO.
12/MAI, 26/MAI, 02/XUÑO
Aula 5. De 16:00 a 19:00h.
20 Prazas
Inscrición: ata o 12/MAIO na secretaría da escola.
R/ García Barbón. 5.
Tél: 986228087
Prezo: 26 EUR
Gratuíto para estudantes de Medio e Avanzado da ETRAD.
Ningún comentario:
Publicar un comentario