O vindeiro xoves 1 de xuño, a Aula de Acordeón Diatónico será a protagonista da Audición que esta especialidade desenvolverá na hemeroteca da EMAO.
Desde as 17:00hs non so ides escoitar o bo traballo do alumnado sobre as músicas aprendidas ao longo deste ano. Teredes tamén a oportunidade de asistires á presentación do libro: DE BOTÓNS da man do seu co-autor e mestre desta escola, Carlos Quintá, quen, xunto a Pedro Pascual asinan este Cancioneiro Musical para acordeón diatónico.
Unha dobre motivación para que non te perdas esta cita!
AUDICIÓN AULA DE ACORDEÓN DIATÓNICO E PRESENTACIÓN LIBRO: DE BOTÓNS.
Xoves 01/Xuño.
17:00H.
Hemeroteca da EMAO.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento
Ningún comentario:
Publicar un comentario