POA, o grupo de Conxunto II de Avanzado preséntase en concerto cun repertorio creado ao longo de dous anos na asignatura de Conxunto I e Conxunto II de Avanzado. Ao Longo deste tempo, foro que de iren construíndo o seu particular hábitat estético que están en disposición de amosarnos o vindeiro mércores sete de xuño.
A música de POA é un diálogo aberto entre os instrumentos e as melodías tradicionais tanto cantadas como instrumentais sumado a unha intención: a do equilibrio entre a tradición, a re-creación e a actualización estética presente nuns arranxos que, o mesmo se concentran en retorcer as melodías como en buscar alianzas simbióticas que tornen monofonías individuais nun caleidoscopio coral cheo de pequenos matices que converten a POA nun deses abundantes muros de pedra seca presentes na paisaxe galega onde, nunha ollada lixeira, atopamos tanta diversidade vexetal, animal e de formas inorgánicas.
POA son:
Beatriz Grande (zanfona),
Antón Pombar (acordeón diatónico),
Claudia Abril (voz e percusión)
Marina González (violín)
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.
CONCERTO DA ETRAD DE POA (CONXUNTO DE II DE AVANZADO).
AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO.
MÉRCORES 07/XUÑO DE 2023.
19:00H.
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario