Os monográficos están secuenciados en tres sesións que se celebrarán sempre os venres de 16 a 19h, cun prezo de 26 EUR (Gratuíto para os estudantes matriculados nos itinerarios de Medio e Avanzado da ETRAD)
Presentámosvos o primeiro dos nove que programaremos ao longo do curso 2023-2024.
Ferramentas de creación artística e escénica
impartido polo mestre Anxo Pintos, este curso de tres sesións incidirá sobre tres diferentes áreas de interese.
20/OUT/2023 Laboratorio de composición e arranxos
Nesta sesión, teredes a oportunidade de mergullarvos de xeito básico nos elementos máis comúns presentes nas obras musicais, así como coñecer algúns dos procedementos a usar á hora de compoñer ou arranxar un tema. imprescindible vir con curiosidade, instrumento e papel pautado...
Análise básica dos elementos melódicos e harmónicos nunha composición e/ou arranxo.
Música vertical/Música horizontal.
Creación e exemplos prácticos
Análise e creación de letras para cancións.
Música e imaxe. Tipos de interacción. Análise e exemplos prácticos
27/OUT/2023 Introdución á improvisación
Nesta segunda sesión trataremos os seguintes temas: Fraseo: linguaxe, ritmo, direción, dinámica. Armonía: análise práctica das composicións e teoría e práctica da Improvisación: aplicación rítmica, armónica e melódica de escalas, modos e arpexos.
Imprescindible instrumento.
03/NOV/2023 Actuar en público. Como combater a ansiedade
escénica. Técnica, trucos e práctica.
Neste terceira e derradeira sesión, falaremos das nocións básicas sobre a estrutura e organización cerebral, o funcionamento e importancia dos neurotransmisores, a comunicación non verbal, os temperamentos e os mapas representacionais. A parte práctica levarase a cabo con exercicios de dicción e movemento corporal para facilitaren a desinhibición e reducir o bloqueante peso do sentido do ridículo. Daremos consellos prácticos sobre como domesticar a ansiedade psicosomática ante o impacto de someterse a unha experiencia escénica. Escenificación creativa.
Imprescindible instrumento. Recoméndase roupa cómoda
Curso de Ampliación de Estudos:
Ferramentas de creación artística e escénica
Imparte: Anxo Pintos
Datas: 20/OUT, 27/OUT, 03/NOV/2023
Lugar: AULA Perfecto Feijóo (5)
Prezo: 26 EUR. (Gratuíto para o alumnado do Itinerario Medio e Avanzado.
Inscrición universal. Do 02 ao 20 de outubro de 2023 na secretaría da ETRAD.
Ningún comentario:
Publicar un comentario