A ETRAD presenta un novo curso de ampliación de estudos: Musicalización de cine mudo impartido polo mestre, Alfonso Franco os venres 21 de febreiro e 7 e 14 de marzo
Neste cursiño traballaranse os distintos recursos musicais dende o punto de vista da súa capacidade para crea emocións. Musicalizar unha película de cine mudo non só supón a mera interpretación dunha serie de obras musicais. Os músicos teñen que saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén acompañar con todolos recursos do seu instrumento as accións dos actores en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20. A experiencia práctica será a musicalización dun fragmento da película de cine mudo “Carmiña flor de Galicia” de 1926. Imprescindible que o alumnado aporte o seu instrumento.
Curso de ampliación de estudos
Musicalización de cine mudo
Alfonso Franco
Venres 21 de febreiro e 7 e 14 de marzo
AULA 5.
16:00-19:00h.
Inscrición universal
ata o 21/FEB na
secretaría da escola.
Prezo: 27,05 EUR.
Gratuito para alumnado dos itinerarios medio e avanzado
Ningún comentario:
Publicar un comentario