Buscar neste blog

10 febreiro 2025

II MOSTRA EMMA. Encontro de Escolas Municipais da Artes Escénicas e Musicais de Vigo. Do luns 10 ao xoves 13/FEB. Entrada libre e gratuita ata completar aforamento

 



II MOSTRA EMMA 

As escolas municipais de Artes Escénicas, xuntámonos de novo, logo do éxito da 1ª edición, para facer un intercambio artístico no que amosarmos o traballo dunha representación do noso alumnado ata este intre do curso.
De luns a xoves atoparédenos nunha das catro escolas participantes.


- Hoxe luns 10 de febreiro estaremos na Escola Municipal de Danza de Vigo dende as 18:00h na que ETRAD estará representada pola Aula Aberta de Zanfona xunto a unha representación do alumnado das Escolas municipais de música e de teatro Vigo.

- O martes 11 de febreiro unha representación do alumnado das aulas de Gaita, percusión e canto popular actuarán na Escola Municipal de Música de Vigo dende as 18:00h

- O mércores 12 a nosa escola acolle a actuación das escolas de danza, música e teatro no Auditorio Milladoiro dende as 18:00h.

- O xoves 13, as Aulas Abertas de Pandereteiras e máis a de Coro, visitarán a Escola Municipal de Teatro dende as 18:30, na derradeira xornada deste encontro en febreiro que voltará en maio.

Deixámosvos debaixo en resumo, o horario e as escolas nas que se levarán a cabo as audicións e representacións

 II MOSTRA EMMA
-Luns 10 de febreiro Escola Municipal de Danza ás 18.00
-Martes 11 de febreiro Escola Municipal de Música ás 18.00h
-Mércores 12 de febreiro Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ás 18.00
-Xoves 13 de febreiro Escola Municipal de Teatro ás 18.30
Entrada de balde ata completar aforo
@etrad_vigo @e.municipal.teatro.vigo @emmvigo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego