1ª Romaría da ETRAD no Parque Forestal do Monte Vixiador
A ETRAD celebrará o vindeiro sábado 27 de xuño, a partir das 12:00 horas, a súa 1ª Romaría da ETRAD, unha xornada de convivencia dirixida a toda a comunidade educativa da escola para celebrar o remate do curso académico nun ambiente festivo e participativo.
O encontro terá lugar no Parque Forestal do Monte Vixiador e pretende converterse nun espazo para compartir música, experiencias e momentos de lecer entre alumnado, profesorado, familias e demais persoas vinculadas á ETRAD.
Co espírito das romarías tradicionais, anímase ás persoas asistentes a traer os seus instrumentos musicais, algo de comida para compartir e, sobre todo, ganas de cantar, bailar e desfrutar dunha xornada de convivencia arredor da música tradicional.
Esta iniciativa nace coa vontade de reforzar os vínculos da comunidade educativa e de celebrar colectivamente o traballo realizado ao longo do curso, nun entorno natural privilexiado e acorde cos valores de participación, cultura e transmisión do patrimonio musical que promove a escola.
Desde a ETRAD convidamos a toda a comunidade educativa a sumarse a esta celebración e a facer desta primeira edición unha cita especial para todas e todos.
Data: Sábado, 27 de xuño
Hora: A partir das 12:00 h
Lugar: Parque Forestal do Monte Vixiador
Agardámosvos!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario