Buscar neste blog

19 xuño 2026

TRAZA PECHA A SÚA XIRA DE CONCERTOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. VENRES 26 XUÑO. 19:00 H.


 TRAZA pecha a súa xira de concertos no Auditorio Municipal de Vigo

O grupo TRAZA, formado por alumnado de segundo curso do Itinerario Avanzado da ETRAD, celebra a fin da súa xira de concertos coa actuación que ofrecerá para a comunidade educativa da ETRAD e para a cidadanía viguesa o vindeiro venres 26 de xuño, ás 19:00 h, no Auditorio Municipal de Vigo, con entrada libre e de balde.

TRAZA está integrado por:

Uxía Fernández — Voz e percusión
Xacobe López — Zanfona
Alba Domínguez Blanco — Requinta
Daniel Fernández Román — Guitarra acústica


Sobre TRAZA

TRAZA nace no 2026 en Vigo no seo da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk ETRAD. O grupo xorde da confluencia de catro traxectorias singulares unidas por unha mesma convicción: a música tradicional galega non é un arquivo, senón un organismo vivo.

Formados na ETRAD, os seus integrantes incorporan a herdanza da tradición oral sen renunciar á exploración harmónica nin ao risco estético. O seu son gravita en torno á música modal, e os seus arranxos foxen do folklore de escaparate: constrúen texturas musicais onde a voz e a frauta dialogan co constante zoar do bordón da zanfona, mentres a guitarra acústica tece o ritmo harmónico.

Inspirados polo legado recollido nos arquivos e cancioneiros, o grupo pretende reactualizar a tradición conforme influencias que van desde o folk galego (Berrogüetto, Lizgairo, Os Cempés ou Tanxedoras) até a música folk e de raíz doutras latitudes (Lankum, Billy Strings, Doc Watson, John Doyle), pasando así mesmo por outras manifestacións como a música posmoderna e a experimentación contemporánea.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego