O vindeiro xoves 25 de xuño, a ETRAD continúa o ciclo de Concertos de Fin de Estudos con dúas propostas que amosan o talento, a personalidade artística e o percorrido formativo do seu alumnado.
Nesta ocasión subirán ao escenario Uxía Fereste (Canto Popular) e Rubén Fernández (Gaita), dous músicos cunha destacada traxectoria dentro e fóra da escola. Uxía Fereste chega a este concerto tras a súa participación en proxectos como a Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, Síncopes e Fillas de Casandra. Pola súa banda, Rubén Fernández desenvolveu o seu traballo artístico en formacións como a OFG SonDeSeu e o grupo Arrorró.
Os Concertos de Fin de Estudos constitúen unha oportunidade única para coñecer as
propostas musicais creadas expresamente para esta ocasión, nas que o alumnado comparte co público o resultado dun intenso proceso de aprendizaxe, investigación e creación.
CONCERTOS DE FIN DE ESTUDOS
Uxía Fereste (Canto Popular)
Rubén Fernández (Gaita)
📅 Xoves 25 de xuño
📍 Auditorio Municipal do Concello de Vigo
🕖 19:00 h
🎟 Entrada libre ata completar capacidade


Ningún comentario:
Publicar un comentario