Despois de 3 cds e 8 anos de existencia, por fin SondeSeu visita a capital: será por todo o alto. Alumnos, ex-alumnos e mestres da e-Trad coa colaboración de 8 parellas de O Fiadeiro desembarcan en Madrid o Sábado no único concerto que o Xacobeo organiza fóra de Galicia no seu ciclo "Raíces". O sábado dia 1 de Maio ás 21 h no Circo Price
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario