Os pasados venres 11 e 18 de febreiro celebrouse na e-Trad o curso sobre a discografía imprescindible da nosa música tradicional e folk, impartido por Alfonso Franco e ao que acudiron alumnos e non alumnos da propia escola.
Como inicio do curso, a modo de introducción poidemos contemplar a evolución que tivo lugar na nosa música en función dos distintos acontecementos históricos do século XX. Na primeira xornada a exposición foi feita dun xeito cronolóxico abranguendo dende a primeira gravación do coro pontevedrés Aires da Terra ate o debut dos lucenses Fuxan os Ventos en 1975.
A segunda xornada estivo adicada aos derradeiros 30 anos de discografía.
Seguide atentos ás nosas actividades. Sodes todos benvidos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario