Curso de música húngara impartido polos virtuosos Jani Lang e Martin McDonald para violinistas e guitarristas. O Curso terá lugar en Xustans (10 km de Pontevedra) os dias 12 e 13 de Marzo.
Se consideras que todavía non tes a técnica suficente para incorporarte como alumno activo, tes a posibilidade de asistir ao mesmo en calidade de ouvinte. Ademais do obradoiro, terás a oportunidade de asistir aos seus concertos, que terán lugar o Venres 11 e o Sábado 12 e que servirán para a gravación dun DVD ao vivo que será publicado a principios de verán. Se estás interesado en recibir información sobre o obradoiro, ponte en contacto cos mestres de violín (Alfonso) ou de corda pulsada (Josiño) ou ben solicítaa no seguinte enderezo: ancestral.musica@gmail.com
Podes botarlle unha ollada a un vídeo de Jani Lang Band
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario