O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
08 marzo 2011
Anxo Pintos e Rodrigo Romaní a Helsinki
Esta fin de semana a e-Trad e a orquestra Sondeseu participan no II Encontro de Traballo da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) que ten lugar na Sibelius Academy de Helsinki. Durante a sesión do venres 10 se programarán as actividades da Rede no verán en Italia e Finlandia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario