O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
15 marzo 2011
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é sentir" visitou o CEIP "Carrasqueira"- Coruxo e o IES Castelao
A e-Trad estivo nos centros educativos do CEIP "Carrasqueira"- Coruxo o pasado 1 de marzo e no IES "Castelao" o martes 15 de marzo co ciclo divulgativo "Tocar é sentir". Desde comezos do curso ata o mes de xuño deste ano, "Tocar é sentir" Achega a 3.000 escolares da bisbarra viguesa a música e as posibilidades dos instrumentos que de maneira gratuita se imparten na Escola de Música Folk e Tradicional de Vigo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario