A 2ª reunión da ENFO (European Network of Folk Orchestras), proxecto da Axencia Europea liderado polo Concello de Vigo a través da e-Trad, celebrada en Helsinki os dias 12 e 13 de marzo, acordou participar no festival CELTICA, o 30 de Xuño, no val alpino de Aosta (Italia). Alí participarán as orquestras Sondeseu e Tradalp no concerto de inauguración. Do mesmo xeito terán lugar diversas actividades, workshops e masterclases, tanto para o público como para os membros das distintas orquestras.
Tamén tomouse o acordo de aceptar a invitación da cidade de Helsinki para que as orquestras e socios da Rede actúen na inauguración dun grande novo centro musical na cidade, que albergará a nova sede da Sibelius Academy e dúas orquestras sinfónicas. Isto será nos días 5 , 6 e 7 de Setembro. A ENFO segue a medrar coa incorporación da Royal Scottish Academy of Music que, a pesar de que aínda non conta con orquestra propia, formará parte das próximas actividades de divulgación, masterclases e concertos.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario