05 maio 2020

ETRADCOVID19. Corenta días. CORENTA MIL GRAZAS!!!


En tempos nos que se bota tanto de menos a alegría da compaña, o bulir do grupo, o ruído comunitario que alumnado e profesorado de xeito colectivo tentamos, ás veces con éxito, converter en música, enredados na aventura de  iluminar a nosa vida co legado da tradición nunha mestura de gozo, esforzos e convivencia, precisamente nestes tempos e no nome dos traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional queremos agradecer a fantástica acollida que a versión "en liña" da escola atopou en todas e todos vos. O que non nos extingue, fainos máis fortes e aprendemos das dificultades máis que das facilidades. Queremos tamén agradecer ao Concello de Vigo o ánimo para o mantemento da actividade escolar e as condicións nas que se segue a producir.
Unha forte aperta para todas e todos, vémonos moi pronto.
Rodrigo Romaní
Director

7 comentarios:

Lucía dixo...

Gracias a toda a ETRAD, profesorado, administración...todas que vos adicades en corpo e alma para achegarnos cada día un pedaciño de ceo, que non é outra cousa que a nosa música tradicional.

Un forte aplauso para vós, viva ETRAD por moitos anos mais!

uxio dixo...

É toda unha honra sentirse parte desa gran familia que é a ETRAD. Grazas a todos vos, traballadores que fan posible que desde a distancia sigamos sentíndonos parte desa escola.

Anónimo dixo...

Moitas grazas a tódo-los mestres por manter vivas as clases de forma virtual durante o confinamento. Eu, persoalmente como alumno de VIOLIN FOLK MEDIO e de REQUINTA BÁSICO, aprezo moitísmo as clases e titorías por video conferencia dos mestres Alfonso Franco e Xosé Liz, axudándome a continuar progresando co instrumento ademáis de compartir momentos estupendos nas sesión de aula aberta virtual cos mestres e os compañeiros que me axudan a mantelo ánimo nestos meses de aillamento polo COVID-19.

Grazas Etrad
Jorge Montalvo

Anónimo dixo...

Temos que estar orgullosos de ter una escola do nivel da ETRAD. Recoñecida en todo o mundo, e profesores que son portada das revistas mais importantes de musica folclorica a nivel mundial...!Que mais podemos pedir?
Gracias a Etrad por seguir estando a disposicion da xente de Vigo.
Gracias!!!

Anónimo dixo...

Moitas gracias por todo o esforzo e material do profesorado da escola. A verdade que se valora moito todo o traballo.
Apertas!

Anónimo dixo...

Gracias a todos vos polo esforzo, máis non podo deixar pasar un detalle, boto de menos nesa foto á nosa querida mestra Xela Conde.
Unha forte aperta para todos.

Nandiño dixo...

Grazas a vos polo tremendo esforzo

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego