Buscar neste blog

27 outubro 2020

NOVAS ETRAD 2020-21. Aberto o prazo de matrícula para o alumnado admitido no prazo extraordinario. Do 27 ao 30 de outubro.

 Do 27 ao 30 de outubro está aberto o prazo de matrícula para o alumnado admitido no prazo extraordinario.

Para formalizar a matrícula será imprescindible aportar:
  • Impreso de matrícula cuberto e asinado (descargable na sección de Secretaría da web da ETRAD): www.etradvigo.org/secretaria
  • Certificado bancario onde consten o nome do titular e máis o iban da conta na que se desexa que se carguen a matrícula e os recibos mensuais
 
Hai dúas vías de presentación da matrícula:
• Por correo electrónico dirixido a e-trad@vigo.org, que deberá incluir o impreso de matrícula cuberto, escaneado ou fotografiado e unha fotografía actualizada en formato .jpg (pode ser unha foto tomada co móbil).
 
• Na secretaría da ETRAD de modo presencial. Os que opten por esta modalidade deberán solicitar CITA PREVIA no tlf. 986 22 80 87. O impreso pódese solicitar na mesma Secretaría.

NOVAS ETRAD 2020-21. Listaxe admitidxs matrícula extraordinaria 2020-21.

 Clica no enlace para comprobares se estás admitido ou en lista de espera:


Enlace admitidxs periodo extraordinario de matrícula ETRAD 2020-21


22 outubro 2020

VIGO EN SONS. Concerto dos Mestres da Orquestra Folk SonDeSeu. 22 OUT. 20:00 hs. Auditorio Municipal de Vigo. Entrada libre e de balde ata completar aforamento. Entradas dispoñibeis na billeteira do auditorio dende as 19:00 hs.


Hoxe 22 de outubro, no Auditorio Municipal de Vigo ás  20:00 hs. o ensemble de mestres da Orquestra Folk SonDeSeu, ofrecerá un percorrido histórico e presente pola xeografía sonora dos barrios e parroquias da cidade con parada nas músicas e músicos tradicionais máis sobranceiros. Patrocinado polo Concello de Vigo, as entradas gratuitas estaràn a disposición dende as 19:00 hs. na billeteira do propio auditorio. será libre e de balde ata completar aforamento.

VIGO EN SONS.

Concertos dos Mestres da Orquestra Folk SonDeSeu.  

22 OUT/ 05 NOV. 20:00hs. 

Auditorio Municipal de Vigo

Entrada libre e de balde ata completar aforamento.

Entradas dispoñibeis na billeteira do auditorio dende as 19:00 hs.

19 outubro 2020

NOVAS ETRAD 2020-21. Aberto PRAZO EXTRAORDINARIO DE INSCRICIÓN prazas vacantes no Nivel Básico da ETRAD. Do 19 ao 23 de outubro.

Entre hoxe e as 21 hrs. deste venres 23 de outubro estará aberto un PRAZO EXTRAORDINARIO DE INSCRICIÓN para cubrir prazas vacantes no Nivel Básico da ETRAD. 


A inscrición faráse vía correo electrónico enviado a e-trad@vigo.org, indicando en que instrumento e en que horario se desexa facer inscrición, e indicando tamén os datos persoais: nome e apelidos, dni, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto.

As prazas vacantes son as seguintes:

Música e Movemento.

  • Mércores, 16-17 hrs. (nenos nacidos en 2015 ou 2016): 1 praza

  • Venres, 16-17 hrs. (nenos nacidos en 2014): 1 praza


Arpa Céltica.

  • Grupo A. Luns, 16-17 hrs.: 1 praza

  • Grupo C. Mércores, 20-21 hrs.: 2 prazas


Canto Popular.

  • Grupo A. Luns e xoves, 17-18hrs.: 7 prazas

  • Grupo B. Luns e xoves, 17-18 hrs.: 3 prazas

  • Grupo C. Xoves, de 11-13 hrs.: 5 prazas


Corda Pulsada.

  • Grupo único: Luns e xoves, 17-18 hrs.: 2 prazas


Gaita.

  • Grupo A. Luns e xoves, 16-17 hrs.: 1 praza

  • Grupo B. Luns e xoves, 17-18 hrs.: 2 prazas


Percusión.

  • Grupo A. Luns, 16-18 hrs.: 6 prazas


Requinta.

  • Grupo único. Luns e xoves, 16-17 hrs.: 1 praza


Violín Folk.

  • Grupo A. Xoves, 19-20 hrs.: 2 prazas

  • Grupo B. Xoves, 20-21 hrs.: 3 prazas


Lembramos que a inscrición debe facerse antes das 21 hrs. do venres 23 de outubro

13 outubro 2020

NOVAS ETRAD 2020-21. Concertos dos Mestres da Orquestra Folk SonDeSeu. VIGO EN SONS. 22 OUT/ 05NOV. 20:00hs. Auditorio Municipal de Vigo



 Os días 22 de outubro e o 5 de novembro terán lugar no Auditorio Municipal de Vigo ás  20:00hs sendos concertos do ensemble de mestres da Orquestra Folk SonDeSeu. Patrocinado polo Concello de Vigo, o Ensemble de mestres, ofrecerá un percorrido histórico e presente pola xeografía sonora dos barrios e parroquias da cidade con parada nas músicas e músicos tradicionais máis sobranceiros. A entrada será libre e de balde ata completar aforamento.

VIGO EN SONS.

Concertos dos Mestres da Orquestra Folk SonDeSeu.  

22 OUT/ 05NOV. 20:00hs. 

Auditorio Municipal de Vigo

Entrada libre e de balde ata completar aforamento.

12 outubro 2020

Comeza o Curso 2020-2021 na ETRAD. Coñece e descarga as normas de prevención sobre a COVID-19 na escola



O Servizo de Educación do Concello de Vigo e o persoal da ETRAD queremos facer da Escola un espazo o máis seguro posible. Para esta fin, temos establecido unhas normas de prevención tanto propias como compartidas coa EMAO para o tránsito, estancia e uso das instalacións da Escola.
Todas e cada unha das normas son de obrigado coñecemento e cumprimento por parte de cada un de nós e de vós. Apelamos á responsabilidade individual para facer da escola un lugar libre de COVID-19
Agardamos e desexamos que teñades un curso tan saudable como cheo de boas experiencias musicais e persoais.

10 outubro 2020

GALAXIA ETRAD 2020-21. `Xisco Feijoó & Trío´ en Boimorto. Cos mestres e alumnos da ETRAD: Xose Liz, María Jorge e Artur Puga.

O Mestre de Canto Popular Xisco Feijoó efectuará este vindeiro domingo 11 de outubro polas 21.00h e xunto co mestre de corda e traversos da nosa escola Xose Liz e os alumnos e xa tamén mestres de violín María Jorge e de danza tradicional, percusión e voz Artur Puga, a despedida definitiva desta formación cun concerto en Boimorto, lugar onde fora estreada esta formación xunto cos mestres Anxo Pintos (mestre de Zanfona) e Begoña Riobó (mestra de Arpa, violinista e zanfonista) aló polo verán do 2017. Non será un adeus, senón un até logo xa que o noso mestre de canto da ETRAD está a rematar `PEIXE´, o seu primeiro traballo discográfico en solitario, producido polo tamén mestre desta escola Carlos Quintá e cunha formación máis completa que, diosmediante e a COVID, verá a luz este vindeiro decembro.

09 outubro 2020

GALAXIA ETRAD 2020-21. Xisco Feijoó en `ENTRESOÑOS ´no Auditorio de Cedeira (A Coruña). Sábado 10 de outubro ás 20.00h.

O mestre de Canto Popular Xisco Feijoó actuará, co espectáculo `ENTRESOÑOS´ de `Fran Sieira Compañía de Danza´ xunto coa cantante e bailadora Aida Tarrío (Tanxugueiras), este vindeiro sábado 10 de outubro no Auditorio  da vila de Cedeira (A Coruña) aló polas 20.00h. Este espectáculo estreado no 2018, ven de ser o máis programado pola rede de salas e auditorios de Galicia promovido polo AGADIC, e retoma a súa andaina despois do parón provocado pola COVID. O espectáculo, de idea orixinal e dirección a cargo do bailarín Francisco Sieira, conta cunha excepcional música composta polo mestre de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos, cun vestiario sorprendente creado por Alexio Meloni, unn deseño de luces do recoñecido Luís Perdiguero, a evocadora escenografía do obradoiro DiiVVANT Artes escénicas e a revisión na dirección artística do Bailarín internacional David Vilarinyo

08 outubro 2020

ETRADVIGO 2020-21. AULA DE ZANFONA. Nova entrada. 1º. 2º. 3º MEDIO. AULA ABERTA



Clica no enlace para ires á nova entrada da Aula de Zanfona. Para estudantes do Ciclo Básico e Aula Aberta.



AULA DE ZANFONA. PASODOBRE DO TEA. Antón Seoane. 1º. 2º. 3º MEDIO. AULA ABERTA 

GALAXIA ETRAD 2020-21. `Xisco Feijoó´mestre de Canto Popular da ETRAD, colabora con PVG GRUPO no Intercéltico do Morrazo. Domigo 11 de outubro.








O noso mestre Xisco Feijoó pisará este vindeiro domingo 11 de outubro ás 12.30h. os escenarios do xa consolidado Festival Intercéltico do Morrazo, en Moaña, e faráo colaborando coa formación `Pepe Vaamonde Grupo' formación coa que colabora dende o ano 2010 e coa que ven de gravar nos seus dous últimos traballos discográficos `Introterra´ e `Nas Pedras do Lar´.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego