POA, o grupo de Conxunto II de Avanzado preséntase en concerto cun repertorio creado ao longo de dous anos na asignatura de Conxunto I e Conxunto II de Avanzado. Titorizados polos mestres Begoña Riobó e Anxo Pintos, foros construíndo o seu particular hábitat estético que están en disposición de amosarnos de aquí a finas do mes de xuño.
A música de POA é un diálogo aberto entre os instrumentos e as melodías tradicionais tanto cantadas como instrumentais sumado a unha intención: a do equilibrio entre a tradición, a re-creación e a actualización estética presente nuns arranxos que, o mesmo se concentran en retorcer as melodías como en buscar alianzas simbióticas que tornen monofonías individuais nun caleidoscopio coral cheo de pequenos matices que converten a POA nun deses abundantes muros de pedra seca presentes na paisaxe galega onde, nunha ollada lixeira, atopamos tanta diversidade vexetal, animal e de formas inorgánicas.
POA son:
Beatriz Grande (zanfona),
Antón Pombar (acordeón diatónico),
Claudia Abril (voz e percusión)
Marina González (violín)
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS. POA (CONXUNTO DE II DE AVANZADO)
AS. CULTURAL RUEIRO. IGREXA DO CRISTO DA VICTORIA. R/BAIONA 9. COIA-VIGO
VENRES 12 Maio.
20:45H
ENTRADA LIBRE E DE BALDE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario